Teatro, con música e baile, para crianzas, protagonizado por Montse Rivera e Xabier Iglesias
Este sábado, 12 de abril, ás 17 horas a Casa-Museo Manuel María programa teatro, música e baile para nenos e nenas entre 5 e 11 anos, coa peza teatral "María Balteira, a pandereteira primeira".
MONTSE RIVERA (mestra de baile tradicional, pandeireteira e compoñente de Leilía) e XABIER IGLESIAS (bailador, músico e director da escola Oxeito) achegan o baile e a música tradicional ás crianzas con esta peza teatral, chea de música e danza, ambientada no Medievo, que leva por título “María Balteira, a pandereteira primeira”
Sinopse
Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, Pedro ensínalle a María as cantigas do Ciclo do Ano (Nadal, Entroido, Maio...) mais María gústalle tocar a pandeireta e soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar e cantar de María e pídelle que lle ensine.
O rei Sabio quere que todas as crianzas do seu reino aprendan a bailar e a cantar e pon un anuncio para buscar mestres, María e Pedro ven a oportunidade para cumprir os seus soños e acoden á chamada do rei.
O espectáculo, cunha duración de 40-45 minutos, vai dirixido para nenas e nenos entre 5 e 11 anos e público familiar. Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621