Actividades

Este próximo sábado poderemos desfrutar da música de Catro nun Zoco

Este próximo sábado poderemos desfrutar da música de Catro nun Zoco

Mini, Xosé Luís Rivas Criz, fai parte deste proxecto musical 

A Casa-Museo Manuel María programa para o sábado, 15 de novembro, un concerto de Catro nun Zoco. Proxecto musical de que fai parte Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, alén de Navia Rivas, Iria Rivas e María Quintillán.
O grupo, formado en 2024, combina canción de autor e temas tradicionais e pretenden divulgar a canción de compromiso social e aquela que difunda a cuestión identitaria galega.
O concerto está programado para as 20 horas. Hai que reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.