Actividades

Concerto "A voz do vento", con Fran Amil e Moncho do Orzán

Concerto

O concerto ten orixe nun traballo musical baseado en poemas de Manuel María

A Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) acolle este sábado, 14 de novembro, ás 20 horas, o concerto "A voz do vento", dos músicos Fran Amil e Moncho do Orzán, baseado en poemas de Manuel María. 
O concerto leva o mesmo nome dun traballo musical que hai dez anos creou o propio Fran Amil, e que foi editado pola Mesa pola Normalización Lingüística, con ocasión da homenaxe que no Ano das Letras se lle facía Manuel María. 
Fran Amil, Aarón Bouzón, Paco Cerdeira e Richi Casás, a Tribo Incomprensíbel, xunto ás voces de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belém Tajes, O Leo, Mj Pérez e Xosé Antón Bocixa, musicalizaron en 2016 once poemas de Manuel María. Poemas tirados dos seus libros Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas de outono e Sonetos á Casa de Hortas. 
Este sábado, Fran Amil e Moncho do Orzán pretenden lembrar este traballo e achegar a poesía de Manuel María ao público adulto nun traballo onde se mestura rock, folk, blues e pop. 
O acceso para desfrutar do espectáculo é libre e gratuíto mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.