Actividades

Camiñada por Terras de Aguiar

Camiñada por Terras de Aguiar

A Casa-Museo inicia este domingo as súas actividades de outono cunha andaina polo Concello de Outeiro de Rei

Esta fin de semana, co inicio do outono, comezamos a actividade cultural da Casa-Museo Manuel María e facémolo cunha camiñada por Terras de Aguiar, no concello de Outeiro de Rei, o domingo 28 de setembro. Será unha andaina de dificultade baixa, ao redor de sete quilómetros e medio, coa que contaremos coa axuda do noso divulgador cultural Orlando Viveiro.
Quedaremos ás 9.30, na Casa-Museo, para nos dirixir en automóbeis particulares ao antigo Mesón O Ferreiro en Vilela (na estrada que vai cara a Castro de Ribeiras de Lea). Aqueles que queiran poden ir directamente para este lugar de saída. Porémonos a camiñar sobre as 9.45. A duración da andaina é de aproximadamente tres horas e media.
A actividade é gratuíta mais é necesario anotarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.