Presentarán o seu segundo traballo, "Baixo os remendos, nós"
Após ‘Loitar cantando’ (2020), Acordeireita volta de novo á Casa-Museo Manuel María co seu segundo traballo ‘Baixo os remendos, nós". Patricia González Iglesias (voz e pandeireta) e Alejandro Balbuena Ojea (acordeón) parten do remendo co obxectivo de concibir un álbum distinto e innovador, en que se sitúan, literalmente, debaixo das eivas e dos problemas diarios para coselos co canto e a música. Son eles, os remendos, os alicerces.
Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621