Actividades

A Casa-Museo Manuel María programa unha nova camiñada

A Casa-Museo Manuel María programa unha nova camiñada

27/04/2026

Será pola parroquia de San Fiz de Paz

Saída da Casa-Museo Manuel María, ás 9,30 hrs, para nos achegar todos xuntos, en automóbeis particulares, ao inicio do itinerario.
 
Distancia: 5 km
 
Duración aproximada aproximada: 3 horas
 
Dificultade: baixa
 
Guía: Orlando Viveiro (divulgador cultural)
 
Inscricións (actividade gratuíta) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
 
 
 
Esta freguesía, situada nas extremas do concello de Outeiro de Rei, fai lindeiro con Castro de Rei e con Lugo. No lugar da Penadedra podemos ollar a capela dos Remedios, onde celebran a festividade de Nosa Señora, asentada á beira do antigo camiño real que ía dende a capital da provincia en dirección a Castro e Mondoñedo.
 
Pola Abeladoira baixa o regato que chega dende Rozas e por este punto cruzaban os cacharreiros de Bonxe nas súas viaxes ás feiras de Castroverde. No enclave mencionado posúe o seu obradoiro, de instrumentos de percusión e zanfonas, o luthier Xaneco Tubío.
 
O Castro de Dumpín, situado entre carballeiras sombrizas, conserva lendas destas terras que relata ás persoas viaxeiras que descenden camiño Guimarás onde as pedras do vello muíño, asentado entre penedos, continúan xirando sen fin.