Tenda

Cantigueiro de Orcellón

Cantigueiro de Orcellón
8.00 €
Engadir ao carriño
Tipo de publicación: Libro
Ano: 2016
Páxinas: 67
ISBN: 978-84-944417-4-5

Sinopse/Descrición

O Cantigueiro de Orcellón foi editado por vez primeira en 1984 pola Agrupación Cultural "Avantar", coa axuda do Concello do Carballiño, contando co deseño da capa e coas ilustracións para o interior de Felipe Senén. Máis de trinta anos despois, con dúas novas ilustracións do mesmo artista, os versos do poeta son novamente editados, a coincidir coa dedicatoria do Día das Letras Galegas a Manuel María. As vinte e nove composicións do libro percorren a bisbarra de Orcellón, reflectindo as intensas vivencias do poeta por estas terras e mostrando a identificación coas súas xentes: o río Arenteiro, as serras e os montes, os oficios, as romarías e as feiras, os viños, os persoeiros e os momentos senlleiros da vida do Carballiño.

Escolma

ORCELLÓN
Que ollada fonda, pura e amorosa!
Que cores, que vales e que outeiros!
Orcellón é esta terra tan fermosa
de carballos, piñeiros e amieiros!

Aquí o mesmo camiño é camiñante.
Non hai nada no mundo tan humán!
A Terra de Orcellón é semellante
á palma, núa e rugosa, dunha man!

Incluso a luz ten cor melancolía ...
A xente é resistente como o ferro.
Na lonxanía, serras. E a cantería
que, na paisaxe, xurde como un berro!

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo