Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Sinopse/Descrición
Poesía. Trátase dunha das obras poéticas máis emblemáticas do autor. Nela busca propositadamente "a sinxeleza da forma co fin de que a poesía volva ser popular". É un percurso pola poesía humana chairega, un canto ás súas xentes, traballos, tradicións, festas, animais, cousas...
Ilustración da capa: Luís Seoane. Ilustracións do interior: Isaac Díaz Pardo.
Escolma
Terra Chá
A Terra Chá somentes é
un pobo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá