Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Sinopse/Descrición
CD gravado ao vivo na Casa Museo Manuel María que recolle o concerto de Uxía celebrado no 86 aniversario do escritor.
Acompañan a este CD 52 poemas de cabeceira, un para cada semana do ano, incorporados a un portapoemas personalizado cunha folla de carballo da Santa Isabel, lugar tan querido por Manuel María e tan cantado na súa obra.
Tamén se pode descargar o DVD "De amor e cantería" premio Mestre Mateo á mellor creación experimental.