Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Sinopse/Descrición
Cancioneiriño de Valdeorras é un conxunto de catorce poemas sinxelos e apaixonados, escritos ao xeito popular, en que Manuel María canta a bisbarra de Valdeorras (o río Sil, os montes, as xentes, as romarías e as feiras, os viños, os persoeiros...), terra que o impresionou e coa que se identificou fondamente.
Esta segunda edición conta cun limiar de Camilo Valdehorras.