Tenda

O poeta Manuel María fala cos paxaros da Terra Chá

O poeta Manuel María fala cos paxaros da Terra Chá

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2022
Páxinas: 20
ISBN: 978-84-123102-6-9

Sinopse/Descrición

Escrito e ilustrado polo humorista gráfico, debuxante e guionista, Pepe Carreiro, e polo debuxante e ilustrador, Abraham Carreiro, O poeta Manuel María fala cos paxaros é o primeiro volume dunha colección para primeiros lectores e lectoras baixo o título xenérico "O poeta Manuel María...".

A colección destes libros, de 20X20 e capa dura, é un achegamento da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida ás persoas máis novas. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións. Neste primeiro volume algúns dos paxaros da Terra Chá, e que están poetizados por Manuel María, son os protagonistas do libro.