Tenda

O poeta Manuel María ten un barco de xoguete

O poeta Manuel María ten un barco de xoguete

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2023
Páxinas: 20
ISBN: 978-84-123102-7-6

Sinopse/Descrición

 
Segundo número da colección para primeiras lectoras e lectores "O poeta Manuel María".
Neste volume, O poeta Manuel María ten un barco de xoguete, Manuel María navega, entre soños, co seu barco de xoguete, por distintos ríos do planeta.
A colección, de capa dura e cunhas dimensións de 20X20, está elaborada polo humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, Pepe Carreiro e polo tamén debuxante e ilustrador, Abraham Carreiro, e é un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións.