Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Sinopse/Descrición
A publicación, baixo a edición da profesora da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro, recolle nun único volume de setecentas corenta páxinas, a produción teatral de Manuel María. Trinta e tres pezas, moitas delas inéditas ou inaccesíbeis, que dan mostra da súa salientábel e importante achega ao teatro galego e o lugar sobranceiro que a dramaturxia ten na súa obra literaria.