Tenda

Laio e clamor pola Bretaña

Laio e clamor pola Bretaña

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2016
Páxinas: 29
ISBN: 978-84-944417-6-9

Sinopse/Descrición

Laio e clamor pola Bretaña é un apaixonado, emotivo e rexo alegato a prol dos dereitos dos pobos sen Estado a decidiren por si mesmos. Manuel María, tras unha viaxe pola Bretaña en 1972, escribe este poema significativo e senlleiro en que denuncia a situación da nación bretoa (emigración, represión centralista, lingua perseguida, subdesenvolvemento, explotación, abandono e colonización), identifícase como galego nela e canta a súa redención.

A nova edición, con capa de Julián Díaz e prefacio de Francisco Rodríguez, dá a posibilidade, a través dun código, de descargar un audio con todo o poema Laio e clamor pola Bretaña na voz de Manuel María.