Manuel María > Obra

Ritual_pra_unha_tribu_capital_de_concello.jpg

Ritual para unha tribo capital de concello

Primeira edición

  • Ano:  1986
  • Lugar:  Ourense
  • Editorial:  Follas Secas
  • Número de páxinas:  126
  • ISBN: 

Última edición

  • Ano:  2016
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Fundación Manuel María de Estudos Galegos
  • Número de páxinas:  118
  • ISBN:  978-84-945714-0-4

Outros datos da obra

1ª ed., Ediciós Follas Secas, Col. Castromao de Poesía, Ourense, 1986, limiar de Xosé Estévez, portada e ilustracións de Felipe Senén; 2ª ed., en MANUEL MARÍA, Obra poética completa II (1981-2000), Edicións Espiral Maior, Col. Opera Prima, A Coruña, 2001, pp. 263-313, limiar de Xosé Estévez; 3ª ed., Fundación Manuel María de Estudos Galegos, A Coruña , 2016, limiar de Xosé Esévez, ilustracións de Felipe Senén.

Reseña

Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María. A intimidade, as lembranzas, a historia persoal e colectiva, as vivencias, as identificacións coa natureza, os retratos de familia, a denuncia social, as romarías, as lendas, a os ritos, os traballos...fanse presentes neste espazo vital dunhas xentes e dun pobo que ama, que sente seu e que ergue poeticamente desde a lembranza da súa infancia para ir avanzando no tempo até o presente-futuro do seu non ser físico.

Escolma

Ti sabes, Outeiro, que eu son Hortas
e recoñécesme por teu, aínda que
non me ames e me trates como alleo.
A miña caste ten os seus ancestros
no teu chao e torneada foi
coa terra túa, moura e xenerosa.
Feito son da laxe con que os avós
ergueron a casa en que nacín.
Proclámome irmao dos castiñeiros,
das xestas, dos toxos, dos camelios,
das abidueiras, teixos e carballos,
pois alumounos a mesma luz grisenta,
iguais choivas nos luíron
e un idéntico vento conferiunos
o alto don da vida e o da palabra.