Manuel María > Obra

< AnteriorSeguinte >  

Os soños na gaiola

sonhos.gif
Primeira edición
Ano:  1968
Lugar:  Lugo
Editorial:  Cartonaxes Anmi
Número de páxinas:  118
ISBN: 
Última edición
Ano:  2000
Lugar:  Vigo
Editorial:  Edicións Xerais
ISBN:  84-8302-567-1
Outros datos da obra

1ª ed., Cartonaxes Anmi, Lugo, 1968, edición non venal; 2ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1972, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de nenos do IB e do Colexio Rosalía de Castro de Vigo; 3ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1972, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de nenos do IB e do Colexio Rosalía de Castro de Vigo; 4ª ed., Sonhos na gaiola, Servicios Sociais dos Traballadores da CGD, Col. Flor de Girassol, Lisboa, 1977, tradución ao portugués de Arsénio Mota e António Cabral, portada e ilustracións de Branca/Camilo; 5ª ed., en As nosas letras 2, S.A. Casals Ediciones, Barcelona, 1980, pp. 327-340, edición de Xoán Babarro; 6ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1984, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de nenos do IB e do Colexio Rosalía de Castro de Vigo; 7ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 1990, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín; 8ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 1992, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín; 9ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 1994, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín; 10ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 2000, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín; 11ª ed., en MANUEL MARÍA, Obra poética completa I (1950-1979), Edicións Espiral Maior, Col. Opera Prima, A Coruña, 2001, pp. 263-305, limiar de Manuel María; 12ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 2004, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín; 13ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Col. Merlín, Vigo, 2005, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xaquín Marín.

Reseña

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado. "Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil.

Escolma

Galiza

Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montanas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

< AnteriorSeguinte >  
Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo