Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Primeira edición
Última edición
Outros datos da obra
1ª ed., Editorial Poesía & Ficção, Lisboa (Portugal), 1973, limiar de Francisco Rodríguez; 2ª ed., Edicións Roi Xordo, Xenebra (Suiza), 1974, limiar de Francisco Rodríguez; 3ª ed., Klemm ha garm evit Breizh (Laio e clamor pola Bretaña), en Al Liamm, nº 316, Brest, setembro, 1999, pp. 9-20, tradución ao bretón de Herve Bihan e María Lopo; 4ª ed., en MANUEL MARÍA, Obra poética completa I (1950-1979), Edicións Espiral Maior, Col. Opera Prima, A Coruña, 2001, pp. 531-541; 5ª ed., Fundación Manuel María de Estudos Galegos, A Coruña, limiar de Francisco Rodríguez;
Reseña
Laio e clamor pola Bretaña é un apaixonado, emotivo e rexo alegato a prol dos dereitos dos pobos sen Estado a decidiren por si mesmos. Manuel María, tras unha viaxe pola Bretaña en 1972, escribe este longo poema significativo e senlleiro en que denuncia a situación da nación bretoa (emigración, represión centralista, lingua perseguida, subdesenvolvemento, explotación, abandono e colonización), identíficase como galego nela e canta a súa redención.
Escolma
...
Eu recoñecín en min a voz bretoa,
mancoume o seu acento,
feriume moi fondo o seu son
que ten a música das ondas
petando contra os cons,
o balbordo da brisa entre os piñeiros,
a escuridade do voo das andoriñas,
o asubío do merlo namorado,
a suavidade e a redondez dos seixos
luídos polas augas e os séculos:
non sei que son de harpa
sutil e misteriosa
a subirme a gallope polo sangue
cun amargo e doce formigueo.
...