Fundación Manuel María de Estudos Galegos
As navallas Manuel María entregaranse na cuarta feira (mércores) a Xosé Lois García e á familia de Xela Arias no Campo de Santa Isabel
Cada 8 de setembro, cabodano de Manuel María, ten lugar en Outeiro de Rei Outeiro de Rei, un emotivo acto de lembranza a Manuel María, organizado pola Irmandade Manuel María e Asociación Cultural Xermolos.
O programa para esta cuarta feira (mércores) será:
14.30 Xantar no Restaurante Río Ladra.
17:00 Recital de poesía en Penas de Rodas
18:00 Prego na campa de Manuel María, no cemiterio parroquial de Outeiro de Rei
19:00 Na carballeira de Santa Isabel farase entrega da “Navalla Manuel María” a Xosé Lois García e á familia de Xela Arias no Campo de Santa Isabel, en Outeiro de Rei
Quen queira apuntarse ao xantar de confraternidade, pode facelo chamando ao teléfono 646-413-890