Noticias

Xa accesíbeis novas unidades didácticas de Infantil e Primaria arredor de Manuel María

con-alumnado-dun-centro-de-ensino-e-con-suso-vaamonde.jpg

05/12/2015 - Galiza

Catro unidades deseñadas para traballar a través das TIC na aula, desde Infantil a 6º de Primaria.

Ademais das unidades didácticas en formato PDF dispoñíbeis na sección correspondente da nosa páxina, están xa accesíbeis outras catro unidades didácticas deseñadas para traballar en liña aproveitando os recursos TIC. Cada unha delas está dirixida a unha etapa educativa diferente: Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º e 5º e 6º. Por suposto, os contidos que cada unha delas ofrece é complementar ao que ofrecen as unidades en formato "tradicional". 

O acceso a estas novas unidades en liña farase a través do sitio http://unidadesdidacticas.casamuseomanuelmaria.gal. Deberedes acceder co nome de usuario docente@manuelmaria.com e co contrasinal $$docente2015$$. Unha vez no sitio, as unidades pódense previsualizar e, no caso de querer traballar con elas, exportar

Ante calquera consulta ou cuestión técnica podedes contactar connosco en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.