Fundación Manuel María de Estudos Galegos
09/11/2017
Maritxinha e Belém Tajes interpretarán, ás 20 hrs, un anticipo do seu novo traballo que veñen de gravar
O dúo feminino VooDoo tocará no auditorio da Casa-Museo Manuel María o próximo sábado, día 18, ás 20 horas. Nel interpretarán, entre outras, cancións do seu novo traballo que veñen de gravar e que verá a luz durante este outono.
Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e voces, foron as gañadoras en 2017 do Premio Martín Códax de Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. VooDoo, sinalan no seu facebook, son letras chegadas da música tradicional galega con harmonías fundamentalmente Soul e R&B, e fan unha música íntima, elegante para momentos como o do próximo sábado, día 18 de novembro.
A entrada é libre até encher o aforo, mais pódense previamente reservar escribindo un correo electónico a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621