Noticias

“Fisterra”, da autoría de Saúl Aguado de Aza, composta sobre o poema homónimo de Manuel María, foi a canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Será editada, xunto ás outras obras finalistas, nunha publicación que será distribuída gratuitamente por todos os conservatorios de música de Galiza.

  (+)  Máis información

"Fisterra", de Saúl Aguado de Aza

Duración:  4:22


Data:  08/10/2022

"Fisterra", de Saúl Aguado de Aza.
Composición sobre un poema homónimo de Manuel María pertencente ao poemario "Versos do lume e o vagalume". (1982).
Interpretación de Gabriel Alonso (voz) e Aurelio Viribay (piano).
Canción gañadora da primeira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais.

 

Cheguei a Fisterra, alí onde
o sol desmaiado e silandeiro
morre no mar como unha bágoa.
Todo o peso da lenda
cae no meu corazón:
tal unha pedra
no escuro noitébrego dun pozo.
Ollo pasar o vento
purísimo e despido:
a súa voz é laio arrepiado
na imprecisa néboa do meu ser.
Cheguei ata Fisterra,
fin do mundo:
aquí
o tempo inmobilízase
e a vida comeza a súa
inexorábel conta cara atrás.


Descargar .mp4