Noticias

viagalega.gal, web da Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza

logoviagalega.png

A Fundación Manuel María forma parte desta iniciativa cívica que ten por obxectivo visibilizar a nación galega e reivindicar a súa soberanía

Via Galega, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, xa conta con web (www.viagalega.gal). Esta nace coa intención de ser máis unha maneira para seguir dando a coñecer a plataforma e abrir novas vías de comunicación coa sociedade.

A plataforma ten por obxectivo visibilizar a nación galega e reivindicar a súa soberanía.