Noticias

Textos dramáticos de Manuel María

fotosmanuelmaria_01813.jpg

27/03/2019

Neste día mundial do Teatro, lembramos que nesta web poden encontrarse ( http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/categoriarecurso/outros.htm )
algúns dos textos dramáticos de Manuel María para sere lidos hoxe ou calquera día do ano.

Estas pezas son "Abril de lume e ferro", "Unha vez foi o trebón", "Auto dos simulados da caravilla", "Auto do Regato do Cepelo", "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", "Auto da costureira" e "Auto do Castromil ou A revolución dos baúis".

En 2018, a Casa-Museo editou a Obra teatral de Manuel María, onde se recollen trinta e tres pezas, moitas delas inéditas ou de difícil localización.