Noticias

Teatro da Ramboia estrea "O meu mundo non é deste reino", este xoves, no auditorio de Ourense

74990782_120975662654235_2436170119613775872_n.jpg

02/11/2019

A proposta escénica desta peza de Manuel María resultou gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Teatro da Ramboia estreará este xoves, día 7 de novembro, ás 20.30 hrs, no auditorio de Ourense, a súa proposta escénica da peza teatral escrita por Manuel María O meu mundo non é deste reino (ou Farsa de Bululú). A proposta resultou gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

Anxo García e Fran Lareu, dirixidos por María Peinado, forman o elenco da nova produción de Teatro da Ramboia.