Noticias

Tarde de portas abertas, o 17 de maio, na Casa-Museo Manuel María

fotosmanuelmaria_01356.jpg
13/05/2016

Alén das visitas guiadas, haberá distintas actividades (contacontos para as crianzas, música, audiovisuais, maxia e recitados) en torno á obra creativa de Manuel María

Esta terza feira, 17 de maio, en que se dedica o Día das Letras Galegas á figura de Manuel María, a Casa-Museo abrirá as súas portas, entre as 16.30 e as 19.30, para que calquera persoa que queira poida visitala de balde dentro das distintas visitadas guiadas que se levarán a cabo.

Para alén disto, a Casa-Museo programou para esta tarde, no seu auditorio, unha serie de actividades ao redor da obra de Manuel María que comezarán ás 17 horas cun contacontos "Soños, ríos e palabras" (Colectivo Tres Ratos) dirixido ao público infantil. Entre as 18 horas e as 19.30, para público adulto, está programada música tradicional e a maxia de David Méndez, así como recitados de poemas de Manuel María e a proxección dun documentario sobre o escritor homenaxeado.
 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo