Casa Museo Manuel María

Noticias

A poesía de Rosalía e de Manuel María festexada este sábado no certame de recitado "Rosalía sempre viva"

p1040238.jpg

Na categoría de 1º, 2º e 3º de primaria o primeiro premio foi para o CEIP Albeiros de Lugo que recitou unha composición conformada por poemas de Manuel María sobre os paxaros; na categoría de 4º, 5º e 6º de primaria, o primeiro premio foi para Rosalía Bernárdez Riopedre do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo recitado do poema ‘Unha vez tiven un cravo’ de Rosalía. O primeiro premio da categoría correspondente a Educación Secundaria foi para Mariña Area Falcón, do IES Francisco Asorey de Cambados, polo recitado do poema ‘Cando a luniña aparece’ de Rosalía de Castro e para a categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos foi para Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte de Lemos polo recitado do poema ‘Silencio’ de Rosalía de Castro. 

 

Cáseque trescentas persoas de toda Galiza se xuntaron este sábado, día 18, na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei para celebraren a fase final do Certame de recitado de poesía de Rosalía de Castro e de Manuel María "Rosalía sempre viva".

Os premiados foron:

CATEGORÍA 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
Premio: 
CEIP de Albeiros (Lugo) polo recitado dunha composición de poemas de paxaros de Manuel María
Mención Honorífica:
CEIP Méndez Pelayo (Lugo) polo recitado do poema ‘A natureza’ de Manuel María

CATEGORÍA 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA
Premio:
Rosalía Bernárdez Riopedre do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo recitado do poema ‘Unha vez tiven un cravo’ de Rosalía de Castro

CATEGORIA EDUCACIÓN SECUNDARIA 
Premio:
Mariña Area Falcón do IES Francisco Asorey de Cambados polo recitado do poema ‘Cando a luniña aparece’ de Rosalía de Castro
Mención Honorífica:
Emma Domínguez Heduy do IES Auga da Laxe de Gondomar polo recitado do poema ‘Un repoludo gaiteiro’ de Rosalía de Castro

CATEGORÍA BACHARELATO
Premio:
Lucía Amaro Losada do IES A Pinguela de Monforte de Lemos polo recitado do poema ‘Silencio’ de Rosalía de Castro

A Casa-Museo Manuel María, organizadora do evento, agradece inmensamente todas as persoas que fixeron posíbel que este sábado xa ido fose unha xornada inesquecíbel: ao alumnado que participou, ao profesorado que acompañou, ás familias que, facendo un considerábel esforzo, ás veces de moi lonxe, tamén quixeron unirse a esta festa e ás persoas voluntarias que máis un ano axudaron en diferentes tarefas para que todo funcionase ben.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo