Noticias

Publícase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974)

cuberta escaneada.jpg

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos acaba de publicar este libro que recolle a correspondencia entre estes dous vultos da literatura e cultura galega contemporánea, así como un amplo estudo introdutorio de Xosé M. Sánchez Rei e Estefanía Mosquera.

O autor da Terra Chá e o de Trasalba cultivaron cunha extraordinaria mestría todos os xéneros literarios, aínda que o primeiro é xeralmente recoñecido pola súa obra poética e o segundo pola súa produción narrativa e ensaística. Embora pertencentes a xeracións diferentes, os dous mantiveron unha interesante relación de admiración e respecto mutuos e partillaron o compromiso co país e cos sinais identitarios do pobo galego tal como se pode aprezar na presente publicación que recolle as cartas conservadas entre ambos.
 
 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo