Noticias

A nova edición de Cancioneiro de Monforte foi presentada onte na capital da bisbarra de Lemos

2016.01.25-presentacion-cancioneiro-de-monforte-de-lemos.jpg

Tamén, nesta pasada cuarta feira, foi proxectado en Lugo o documentario "Manuel María: paixón de palabra e terra".

Onte, día 25 de xaneiro, celebráronse dous actos, con moito suceso de público, que xiraron en torno á persoa de Manuel María.

Así, na terra onde morou Manuel María cáseque corenta anos, Monforte, presentouse no Centro do Viño da Ribeira Sacra a nova edición de Cancioneiro de Monforte de Lemos, que conta coa colaboración do concello.

En Lugo, dentro da II edición do Ciclo Enxergando o País, que organiza a Asociación cultural lucense Cultura do País, tivo lugar a proxección do documentario "Manuel María: paixón de palabra e terra".

Ambos actos contaron con presenza da Casa-Museo Manuel María, representada no primeiro polo secretario da Fundación, Alberte Ansede, que tamén presentou a nova publicación, e no segundo acto polo dinamizador da Casa-Museo, Fran Rei.