Noticias

Presentación do libro CD 'A voz do vento', novo traballo musical sobre poemas de Manuel María

12792265_1275757232440597_514045046139533357_o.jpg

06/03/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

Poemas de Manuel María musicados desta volta por Fran Amil e a tribo incomprensíbel nun libro CD editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e ilustrado polo artista Jano 

Será ás 12 da mañá do sábado 12 de marzo con entrada libre até completar o aforo do auditorio 

A Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei acollerá o vindeiro sábado 12 de marzo ás 12 da mañá a que será a primeira presentación pública do libro-CD A voz do vento, un novo traballo musical construído sobre os versos do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas e as músicas de Fran Amil e o conxunto A tribo incomprensíbel. O libro-CD está editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e conta con ilustracións de Jano. 

O acto incluirá unha pequena actuación musical a xeito de adianto deste novo disco, xa á venda. Aquí un aperitivo: http://www.amesa.gal/presentacion-do-libro-cd-a-voz-do-vento/