Noticias

Poemas de Pondal soarán este 25 de xaneiro na Casa-Museo Manuel María

pondaliana_redes(c).jpg

No concerto Pondaliana interpretaranse quince poemas de Eduardo Pondal

Este sábado, 25 de xaneiro, no auditorio da Casa-Museo Manuel María celebrarase o concerto Pondaliana. Un traballo editado pola AS-PG e A Mesa, e que naceu en 2017 froito da colaboración de máis de unha ducia de músicas coordenadas polo profesor Francisco Rodríguez e a Sociedade Cultural Medúlio  para conmemorar o centenario do pasamento de Eduardo Pondal.

A proposta, que pretende achegar achegar a poesía dun dos nosos clásicos ao grande público, mestura sons propios da nosa tradición con aqueles máis contemporáneos e entre os poemas musicados no espectáculo encóntranse “O combate de Dumbría”, “Afiade esas fouces”, “Eu son galeguiña” ou “Carballos de Carballido”. No escenario poderemos ver a Lidia Piñeiro, voz e pandeiro, Cabe Garcia, guitarra, Fernando Fouce, percusión, e Xoán Padín, voz e guitarra.  

 

Galería de vídeos