Noticias

"Os soños na gaiola, en concerto", unha nova achega para continuar espallando a poesía de Manuel María

portadarianx.jpg

15/04/2017

En 2016, Ano Manuel María, destacou o moito e bo traballo realizado polos centros educativos e entidades culturais. Entre as distintas propostas levadas a cabo nese ano salientou o traballo realizado pola Escola de Música de Rianxo e o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, consistente na celebración dun concerto o Día das Letras Galegas, Os soños na gaiola. 

Todo o proceso deste traballo, as xentes e entidades que interviñeron, as propostas didácticas, as partituras e os audios das distintas composicións quedou recollido na publicación “Os soños na gaiola, en concerto”,elaborada por Antón Alcalde, compositor e responsábel dos arranxos para seren interpretados por coro, orquestra Orff e banda, Irene Amado, docente de música, e Rafael Collazo, director de banda.

 Esta publicación, editada pola Casa-Museo Manuel María, ten como finalidade que esta iniciativa comunitaria poida ser replicada noutras  escolas de música, centros educativos, bandas… de Galiza e así poder continuar espallando a poesía de Manuel María.