Noticias

Os Amigos dos Músicos interpretan nun vídeo "A panxoliña do poeta" de Manuel María

osamigosdosmusicos-7lru.jpg

A banda ourensá, Os Amigos dos Músicos, interpreta unha das panxoliñas, en concreto "A panxoliña do Poeta", que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba para felicitar as festas do Nadal ás súas amizades. A panxoliña está gravada na Arca de Noé (en Vilar de Santos)  por Illa Bufarda (Ver o vídeo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=943tL-441yM).