Noticias

O CIFP Ánxel Casal da Coruña réndelle unha homenaxe a Manuel María dándolle o seu nome a unha aula do centro

dsr_5670.jpg
10/11/2017

A iniciativa do equipo de Dinamización Lingüística de dedicar unha aula do CIFP Ánxel Casal a Manuel María levou a que Saleta Goi, viúva do escritor, descubrise, no día de onte, unha placa xunto á aula escollida e agradecese ese lindo detalle, nun centro en que Manuel María participou en distintas actividades poéticas.

Alén disto, e nun salón de actos totalmente cheo, o secretario da Fundación, Alberte Ansede impartiu unha conferencia sobre Manuel María e a súa escrita. Logo, o alumnado dramatizou algúns dos seus poemas e interpretouse por parte de todo o centro O carro.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo