Fundación Manuel María de Estudos Galegos
10/11/2017
A iniciativa do equipo de Dinamización Lingüística de dedicar unha aula do CIFP Ánxel Casal a Manuel María levou a que Saleta Goi, viúva do escritor, descubrise, no día de onte, unha placa xunto á aula escollida e agradecese ese lindo detalle, nun centro en que Manuel María participou en distintas actividades poéticas.
Alén disto, e nun salón de actos totalmente cheo, o secretario da Fundación, Alberte Ansede impartiu unha conferencia sobre Manuel María e a súa escrita. Logo, o alumnado dramatizou algúns dos seus poemas e interpretouse por parte de todo o centro O carro.