Fundación Manuel María de Estudos Galegos
01/09/2018
O 8 de setembro, cabodano de Manuel María, a A.C. Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan "Memoria da Chaira Enteira" co seguinte horario:
14.30: xantar da Irmandade no restaurante Río Ladra (Gaioso)
17.00: recital de poesía en Penas de Rodas
18.30: acto no cemiterio de Outeiro. Levarase unha rosa, acompañada de versos e comunicados. Benvida co Cantar da Irmandade: "O carro" de Manuel María e Mero. Himno galego.
19.30: entrega das navallas de Manuel María a Branca Pazos e a xeito póstumo a Moncho Valcarce, na carballeria de Santa Isabel. Presentación dos recoñecementos de Marica Campo, David Otero e Mero Iglesias.
Bocado comunal e grolo da Irmandade, proveito de ben e futuro.
Recital de poesía e música.
Para se anotar ao xantar (20 euros): 646413890