Noticias

O vindeiro mércores, 25, será presentada no Centro do Viño da Ribeira Sacra a reedición do Cancioneiro de Monforte de Lemos

capa-cancioneiro-de-monforte-de-lemos.jpg

Esta nova edición conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos

O mércores, día 25 de xaneiro, ás 20 horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra será presentada a terceira edición do libro de Manuel María, Cancioneiro de Monforte de Lemos, que conta coa colaboración do propio concello da localidade.

Este libro, publicado por primeira vez en 1990, é unha viaxe lírica polo Val de Lemos e a cidade de Monforte a través das sáus trinta sinxelas e sentidas composicións. Manuel María poetiza a historia, a xeografía, a arte, os persoeiros, os traballos, a relixiosidade e as lendas das terras onde morou boa parte da súa vida.