Noticias

O semanario Sermos Galiza conmemora os 50 anos d'Os soños na gaiola

img_20180602_115342_759.jpg

02/06/2018

A análise desta obra emblemática de Manuel María é obxecto do caderno A Fondo

O semanario SERMOS GALIZA conmemora os 50 anos d'Os soños na gaiola, adicándolle a este poemario de Manuel María o seu caderno de análise A Fondo (núm. 198). Camilo G. Torres, Montse Pena Presas, Pepe Barro, Marica Campo, Antonio García Teijeiro, Rosalía Fernández Rial, Fran Alonso, Xurxo Souto e Mercedes Queixas son as persoas que colaboran neste especial.