Fundación Manuel María de Estudos Galegos
02/06/2018
A análise desta obra emblemática de Manuel María é obxecto do caderno A Fondo
O semanario SERMOS GALIZA conmemora os 50 anos d'Os soños na gaiola, adicándolle a este poemario de Manuel María o seu caderno de análise A Fondo (núm. 198). Camilo G. Torres, Montse Pena Presas, Pepe Barro, Marica Campo, Antonio García Teijeiro, Rosalía Fernández Rial, Fran Alonso, Xurxo Souto e Mercedes Queixas son as persoas que colaboran neste especial.