Noticias

O grupo vocal Lugh actuará este domingo na Casa-Museo

lugh.jpg

24/04/2017

Interpretará ás 13 hrs, entre outras, O carro e O cuco de Manuel María

Este domingo, ás 13 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o grupo vocal Lugh, de Lugo, levará a cabo un pequeno concerto en que interpretará, entre outras, dous poemas de Manuel María, O carro e O cuco.

O concerto de entrada de balde, intercalará a lectura de poemas de Manuel María ou doutros poetas sobre o escritor chairego.

O programa que interpretará Lugh no auditorio será o seguinte: 

O Cuco
Música: Paz Valverde. Letra: Manuel María

Nós 
Música: Fernando Gómez Jácome. Letra: Toño Núñez

Quen fose vela 
Música: Fernando Gómez Jácome. Letra: Adela Figueroa

Quen puidera namorala 
Música: Luís Emilio Batallán. Arranxos: Fernando Gómez Jácome.
Letra: Álvaro Cunqueiro

O carro
 Música: Baldomero Iglesias Dobarro. 
Harmonía: M. Ángel Viro.
Letra: Manuel María