Fundación Manuel María de Estudos Galegos
24/04/2017
Interpretará ás 13 hrs, entre outras, O carro e O cuco de Manuel María
Este domingo, ás 13 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o grupo vocal Lugh, de Lugo, levará a cabo un pequeno concerto en que interpretará, entre outras, dous poemas de Manuel María, O carro e O cuco.
O concerto de entrada de balde, intercalará a lectura de poemas de Manuel María ou doutros poetas sobre o escritor chairego.
O programa que interpretará Lugh no auditorio será o seguinte:
O Cuco
Música: Paz Valverde. Letra: Manuel María
Nós
Música: Fernando Gómez Jácome. Letra: Toño Núñez
Quen fose vela
Música: Fernando Gómez Jácome. Letra: Adela Figueroa
Quen puidera namorala
Música: Luís Emilio Batallán. Arranxos: Fernando Gómez Jácome.
Letra: Álvaro Cunqueiro
O carro
Música: Baldomero Iglesias Dobarro.
Harmonía: M. Ángel Viro.
Letra: Manuel María