Fundación Manuel María de Estudos Galegos
30/09/2020
Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, participará no programa virtual
Este sábado, 3 de outubro, ás 21 hora galega, a Biblioteca Rosalía de Castro do Centro Galicia, dedicará o seu faladoiro virtual a Manuel María. No programa participará Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
O faladoiro dinamizado por Marta Villar, vén desenvolvéndose desde hai anos os sábados polas tardes (16 hrs hora de Bos Aires). É un encontro para conversar e partillar lecturas e temas relacionados coa cultura, a historia e a lingua do noso país.
Desde que comezou a situación extraordinaria da pandemia e o illamento social preventivo e obrigatorio na Arxentina, estase a realizar de maneira virtual en ZOOM.
O espazo é aberto para que o desexe.
https://us04web.zoom.us/j/71731885427?pwd=ZitsOFdpWlZxVzJXRy92VEdrMHpJUT09
ID de reunión: 717 3188 5427
Código de acceso: faladoiro