Noticias

O espectáculo de monicreques Os soños na gaiola, de Títeres Alakrán, na Casa-Museo Manuel María

cartel_sonos_texto.jpg

19/11/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

Espectáculo para público familiar (recomendabelmente a partir dos 6 anos) de 50 minutos de duración. O sábado 19 de novembro ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo. Prezo da entrada: 2 €. 

As entradas pódense reservar previamente no correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no teléfono 698 177 621. Retiraranse desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Poranse á venda aquelas entradas que non foren previamente reservadas para o caso de que asista público sen reserva previa

Os soños na gaiola de Manuel María é un espectáculo de monicreques para público infantil (recomendabelmente para nenas/os de a partir de 6 anos) e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal queren renderlle a Manuel María no ano que se lle dedica o Día das Letras Galegas. 

O espectáculo bebe da influencia da mítica obra Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, para ofrecer unha ollada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María co obxectivo de achegar ás nenas e nenos o mundo rural da infancia do poeta. Un mundo que á pequena Alicia, nacida xa nun mundo urbano, lle resulta ao principio estraño, mais que acabará comprendendo e amando. 

Dirección e dramaturxia: Roi Vidal Ponte. 

Escenografía e manipulación: Borja Insua Lema