Noticias

O Clube de Lectura Casa-Museo Manuel María comezou a súa andaina

foto-clube-de-lectura.jpg

"A arte de trobar" de Santiago Lopo é a primeira lectura que levarán a cabo as persoas participantes

O Clube de Lectura Casa-Museo Manuel María comezou a súa andaina. Os criterios polos que se rexen as persoas participantes son:

-lecturas en galego, orixinais ou traducións

-variedade de xéneros

-cadaquén faise co seu exemplar

-duración das sesións: 1 hora

-día dos encontros: sábados ás 18.30 hrs

-lectura escollida para ter lida para o sábado 7 de abril, ás 18.30 hrs.: A arte de trobar de Santiago Lopo, editada por Xerais

Se algunha persoa ten interese en participar (quedan dúas aínda dúas prazas) debe porse en contacto a través do correo electrónico escribindo ao seguinte enderezo: evateijeiro@edu.xunta.es