Fundación Manuel María de Estudos Galegos
"A arte de trobar" de Santiago Lopo é a primeira lectura que levarán a cabo as persoas participantes
O Clube de Lectura Casa-Museo Manuel María comezou a súa andaina. Os criterios polos que se rexen as persoas participantes son:
-lecturas en galego, orixinais ou traducións
-variedade de xéneros
-cadaquén faise co seu exemplar
-duración das sesións: 1 hora
-día dos encontros: sábados ás 18.30 hrs
-lectura escollida para ter lida para o sábado 7 de abril, ás 18.30 hrs.: A arte de trobar de Santiago Lopo, editada por Xerais
Se algunha persoa ten interese en participar (quedan dúas aínda dúas prazas) debe porse en contacto a través do correo electrónico escribindo ao seguinte enderezo: evateijeiro@edu.xunta.es