Noticias

"O auto do Castromil", de Excéntricas, estréase o 7 de xullo en Compostela

cartaz-castromil.jpg

O proxecto gañador do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais poderá verse no Teatro Principal o 7, 8 e 9 de xullo

O auto do Castromil, de Excéntricas, proxecto gañador da III edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais estrearase o próximo 7 de xullo, sexta feira, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

A peza de Producións Teatrais Excéntricas, coproducida polo CDG, conta no cenario con Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A dramaturxia e dirección da obra é de Quico Cadaval; o vestiario e escenografía de Carlos Alonso; banda sonora de Piti Sanz; e iluminación de Octavio Mas.  

As funcións que se levarán a cabo no Teatro Principal serán de balde, previa retirada de convites, e están programadas para os días 7, 8 e 9 de xullo. Os convites pódense obter a través da web de Compostela Cultura ou nas oficinas da #ZonaC (en horario de martes a sábado de 11 a 14 e de 16 a 19 hrs a partir de mañá, 27 de xuño, ás 11 horas).