Noticias

O auditorio municipal do Carballiño leva o nome de Manuel María

images-(2).jpg

A iniciativa, impulsada pola Agrupación Cultural Avantar, foi acordada pola unanimidade da Corporación do Carballiño

Este pasado sábado, 28 de outubro, o Concello do Carballiño desenvolveu un acto oficial para dar o nome de Manuel María ao auditorio municipal. No acto estiveron presentes autoridades municipais e membros da Corporación, que apoiaron unanimamente a iniciativa que presentou a Agrupación Cultural Avantar. 

 Manuel María estivo moi vencellado ao Carballiño, concello onde tiña moi bos amigos, e cuxa vila e comarca poetizou no libro "Cantigueiro de Orcellón", editado no seu día pola A.C. Avantar.