Noticias

O 8 de xullo Convivio da Cultura Galega

convivio23_2.2jpg.jpg

Será a X edición

O  8 de xullo, sábado, celebramos o CONVIVIO DA CULTURA GALEGA. Este ano será a décima edición.
 
Xornada de encontro e festa na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, ao pé do río Miño.
 
O Convivio terá a seguinte programación.
 
11.15 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María coa coral Solfa
 
11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizarnos unha ofrenda a Manuel María e Saleta.
 
12.30 Actuación na carballeira da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola voz da fadista galega Iria Estévez e o guitarrista portugués Artur Caldeira.
 
13.45 Xantar de convivio (Se nos avisan antes do mércores 5 de xullo, ás 20 horas, podemos reservar sitio nas mesas e cadeiras que imos pór na carballeira para o xantar).
 
16.30 Foliada que conducirá Xurxo Souto na carballeira coas actuacións de Birloque Gaiteiros, Vento Mareiro, Zurrumalla, Xurxo Souto&Richi Casás, Os Parabéns, Balura, Tribo, e Tradivivas Agra.
 
 
Encontro do asociacionismo cultural de base. As directivas das entidades pertencentes a Galiza Cultura (e quen quixer...) reuniranse ás 12.15 no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a súa actuación en común.