Noticias

Nova edición de Sonetos ao Val de Quiroga

capa-val-quiroga.jpg

19/01/2016

A semana pasada a Fundación Manuel María lanzou, coa colaboración do Concello de Quiroga e do Concello de Ribas de Sil, unha nova edición de Sonetos ao Val de Quiroga. Este poemario de Manuel María, que viu a luz por primeira vez no ano 1988, está composto de 30 sonetos e conta, nesta nova edición, das ilustracións do alumnado dos colexios de Quiroga e San Clodio que se suman ás orixinais de Xosé Teixelo.

Os poemas deste libro son un canto á beleza e á singularidade do Val de Quiroga: os ríos, vilas, serras, tabernas, festas..., e tamén aos antepasados do propio poeta, particularmente a súa avoa Consuelo, A Quiroguesa.

O libro está dispoñíbel na tenda virtual da Fundación Manuel María, ampliando, así, o catálogo de publicacións para o público interesado en poder ler e coñecer a obra creativa do noso escritor.