Fundación Manuel María de Estudos Galegos
19/05/2016
O pasado 17 de maio presentouse no Barco de Valdeorras a segunda edición de Cancioneiriño de Valdeorras. Edición que contou coa colaboración da Concellaría de Cultura e Educación do Concello do Barco de Valdeorras.
Este poemario está formado por catorce composicións sinxelas e apaixonadas, escritas ao xeito popular. Manuel María canta a través dos poemas a bisbarra de Valdeorras (o río Sil, os montes, as xentes, as romarías e as feiras, os viños, os persoeiros...), terra que o impresionou e coa que se identificou fondamente.
O libro, que conta cun limiar de Camilo Valdehorras, é unha nova edición do editado en 2003 pola Agrupación Cultural "Lumieira" de Carballo de Bergantiños.