Noticias

Monforte, Bertamiráns, Mera e Ribadeo acollen esta semana a representación d'A lúa vai encuberta de Manuel María

275397020_325456322949746_341599316791642863_n.jpg

Viveiro, Ribeira, Brión, Cedeira, Cangas e Cambados serán as próximas localidades en acoller a proxecto de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante,  gañador da II edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Por se aínda non foron ver "A lúa vai encuberta" de Manuel María, cuxa adaptación e interpretación levan a cabo as compañías gañadoras do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, achegámoslles as datas e localidades onde se representará durante o mes de marzo e os primeiros días de abril.

10 de marzo, en Monforte de Lemos, no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas
11 de marzo, en Bertamiráns (Ames), na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20.30 horas 
12 de marzo, en Mera (Oleiros), no Auditorio Gabriel García Márquez, ás 20.30 horas 
13 de marzo, en Ribadeo, no Auditorio Municipal Hernán Naval, ás 20 horas
19 de marzo, en Viveiro
25 de marzo, en Ribeira
26 de marzo, en Brión
27 de marzo, en Cedeira
2 de abril, en Cangas
3 de abril, en Cambados

A representación é extraordinaria e dunha calidade artística óptima. É un verdadeiro mestrado sobre a nosa historia contemporánea desde unha óptica propia e, ao mesmo tempo, un chamamento á acción para a modificar.